A miña vida, E unha árbore espida, Azoutada polo vento, Zoando en primavera, E o cadáver por dentro: “Si non morro de mozo, Seguro que morrerei de vello” (No meu caso e seguro). Seguir lendo
Monthly Archives: Xaneiro 2022
Libérame
Libera deste mundo as campás das Igrexas, Do Ceo con raios, Das árbores coas ramas torcidas, Dos rueiros, dos vieiros e das caídas, Do río sen auga, Das guerras malditas, Do galopante sol, E das noites sen estreliñas. Libérame das xentes mal paridas, Da vida con presas, E da morte entristecida Sen bisos de liberade … Seguir lendo
E digo eu. . .
Está ben morrer na cama sobre unha limpa almofada, Rodeada da familia amada. Está ben morrer unha vez, Coas mans cruzadas no peito, Sen rabuños, sen bandeiras, Sen pedir a cambio nada. Está ben ter unha morte, Con unha almofada branca, Rodeados de médicos e enfermeiras, En tan elegante despedida, Nun mundo, tal cal é, … Seguir lendo
Na oficina de emprego
Fora a Oficina de Emprego, Por ver si me “colocaba”, Me atendera unha señorita Que estaba moi ben de fachada. ¡Búsqueme un traballo! Lle dixen E ela me respondera: A vostede lle vai ben de “camareiro” – Mire: “Eu non acepto propinas”, Así lle son de sincero. – Lle poderíamos ofrecer: “Un posto de perruqueiro”. … Seguir lendo
A morte non descansa
Tódolos días vexo a necrolóxica, Vexo a morte que non descansa, Facendo tódolos días loucura Neste confuso mundo De desgracias, Cobrando vidas a diario; Os pequenos aterrados Ignorando a inxusta dor. No ceo un grupo de Anxos, Preguntando a Deus a causa, Desta tremenda desolación, Buscando a Deus, Que lle dera a solución, Pero Deus … Seguir lendo
¿Que é a política?
A política e a do traballador Que trae os cartos a casa; A dona, a administradora, Que é quen os recibe. Os fillos Son o pobo, os usufrutuarios.. A doméstica, a “clase obreira” Que realiza as tarefas da casa. E a irmá, o futuro do país. Está e a nova política. Seguir lendo
Hoxe por onde vaias. . .
Encontras mendigos pedindo esmola, E lle dicimos que traballe, Ou facemos que non o vemos. Unha muller se inclina pola man do neno E nos preocupamos por verlle os senos. E a que se desmaia, Ollamos para os seus músculos. O borracho que se arrima a parede, Nos parece divertido. E o home sentado nun … Seguir lendo
¿Onde está Deus?
Preguntei a miña madriña, Un día na misa, ¿Onde está Deus? E se puxo moi tristeira. Nada soubo responderme. Outro día preguntáralle: ¿Que sabe de Deus, Con tanta relixiosidade? Nada soubo responderme. O abade que ninguén pregunte Si ¿Sabe onde está Deus? Que corre polos “cartos adiante”. “Ese importante señor”(Os cartos), E o Deus que … Seguir lendo