Aldea de mil feitizos, dos meus meigallos amorosos, cereixas de mil beizos e salgueiros cariñosos; rueiro do Casco que amo, eido que me sabe a viño, a pan e a lamprea, de Salvaterra do Miño. E ti, ¿Que somos? No rego da vida a semente da morte. Seguir lendo
Monthly Archives: Agosto 2023
¿Que é o que somos?
Semente da morte, no rego da vida; da vida dura e cruel que non ten esperanza, ar que fuxe, auga que se perde, a voz da morte, que se vai pra lonxe; a noite que se achega, que chama morte, e que vai pra lonxe. O sol non labra, a choiva non amaina, o día … Seguir lendo
Fornelos da Ribeira
Do orballo do río Tea, te cobres lixeiro; din que non es Concello, Si parroquia de aldea. Aldea entrañable, coa carballeira con clase; con pedras que ditan destinos ma América falante. Aquí fillos farrapentos, con roupas tecidas o pe da lareira coa fame esquecida. A min chámame a aldea, de Fornelos da Ribeira, os meus … Seguir lendo
Os políticos
Temos políticos capaces de transformar a merda en esencia, deputados e senadores alquimistas líderes das dereitas e das esquerdas: Un tropel de amigos interminables, e salvadores espirituais enarborando a bandeira da chamada democracia, ¡So en esencia! Seguir lendo
Era a hora de xantar. . .
Era a hora de xantar e Pedro, porteiro do Ceo, estaba facendo pola vida, cando lle chaman a porta; e de seguida, se dispuxo para abrila, Limpando os beizos, e diante da portería, en coiro vivos, unha galega erguida, pídelle moi aflixida, a deixe entrar no Ceo. O vela o santo, dille enseguida: ¿E ti … Seguir lendo
Amencer en Fornelos
¡Que soleada estaba a mañá! ¡Que tranquila e serena! O río Tea xemendo Xunto o muíño e aceña! A brisa axitaba as flores e o seu perfume voaba ata as árbores, onde o melro cantaba os seus amores. A sincera bolboreta do seu leito se alongaba, entre flores ía saltando como unha nena travesa. O … Seguir lendo
A virxe das dores
Luceiro da mañá, préstame a túa claridade para seguir os teus pasos deste ingrato que se vai. Mañá pola mañá cobren o teu altar de flores, os quen veñen a visitarte: Nosa Señora das Dores. Estreliña da mañá claro luceiro do día ¿Como non me espertaches cando ía a alma miña? Alá enriba no Coto … Seguir lendo
Como pasou aquel tempo feiticeiro
Xa non estamos no tempo dos Castros, que ergueran os celtas; aquela terra belida e doce, mais boa e mais meiga. Terra de Fornelos da Ribeira, a mais garimosa, a mais feiticeira, da carballeira das Fraguiñas, encanto. Fornelos gardada polo Coto de Sá, o mais alto da terra; dun pequeno regato, na mentres as pedras, … Seguir lendo
¡Adeus, meu Fornelos, Adeus!
Adeus o eido dos Cambra, meu fogar do Fornelos calmo, erguido no rueiro do Casco, mirando sempre pra baixo, a campía de Martín, ¡Sempre mirando! Non te podo esquecer nunca, pois teño lembranza sagrada daquela familia santa, do eido do viñedo erguido, niño mol dos meus salaios. En ti pasei a dozura dos meus brinquedos … Seguir lendo
Este era e son eu
¿A onde vai aquel rapaz de Fornelos da Ribeira? camiño de Vigo vai e non saberá si chega. Os pes van ensanguentados e non pode xa andar, ¡Malpocado! ¡Pobre neno! Non sabe si chegará. . . Hoxe ten longa barba branca, e ollos pequenos o mirar, e verdes como a auga do mar: ¡Xa non … Seguir lendo