O vento zoa na eira, Sen ganas, na frescura Primaveral, Para roubarlle o perfumes As flores que invaden O noso tempo invernal. Pétalos que non coñezo, A invasión das pedriñas, Os eróticos seixiños Que sempre na tardiña Aparecen nas Fraguiñas. Lisos e sen espiñas. Seguir lendo
Monthly Archives: Agosto 2017
A luz
A luz da mañá Entra pola fiestras, No eido de Cambra En Fornelos da Ribeira. É a luz, un espello Para os meus ollos de neno. É a luz, levada ben, Como si soubera ¡que! Encontrara a alguén ¡Enténdase ben! Matizada en cores, A miña infancia. É como si a luz Quixera xogar As reviravoltas … Seguir lendo
O arco da vella
Alí me encontraba eu Na bancada de As Fraguiñas, O dia gris me trouxo aquí, Coas nubes e chuvieiras, Esperaba o Sol, E os dous me fixeron promesa: Espérame aquí, E naceu o Arco da Vella. E ambos bicándose así Non foi un sorriso aposta; Quizais xa non volva a velo. As nubes xa se … Seguir lendo
O que vivín…
Que ninguén me arrebate As engurras da fronte, Conseguidas a través dos anos Ante a vida: Nelas están as lembranzas, Dos meus ollos, As bágoas, Os sorrisos da vida, O espertar dos sonos, Que ben pode ser na alba: Aquí ou noutro rueiro Sobre a aldea, Falando de liberdade… ¡Os que poidan! Seguir lendo
Sinto unha dor profunda
Sinto unha dor moi profunda Que non me cabe no peito; Que non existen en dereito Para que reine a xustiza Nesta nosa terra querida. O que está ocorrer Non ten perdón Para os nosos gobernantes: Pois para elles, Debería ser importante Unha boa posición, A saúde, educación Cretos o traballo, Asistencia e profusión. Beneficiarios … Seguir lendo
Primavera de 1.938
Ir indo, para a Escola de Lourido, Fun ollando as bolboretas Enchéndose o ceo delas; Caracois polas vereas, Paxariños cantando nas árbores, Anunciando a primavera. Contentos íamos a escola, A primavera cantaba con nós: As árbores con novas follas, As flores, brancas, vermellas, Verdes campos volven a estar A primavera volve a quedar. Quedar, quedou, … Seguir lendo
A voz de Fornelos da Ribeira
A voz de Fornelos da Ribeira Florece na carballeira das Fraguiñas; O río Tea da esperanza Levando a esta terra silenciosa A semente que o home necesita. Aquí o melriño canta A primavera que florece, O día, a noite e o Sol Que o broncea. Fornelos da Ribeira E unha curva ¡E non parece! Con … Seguir lendo
15 anos sen a peseta, a nosa rubia.
¡Como pasa o tempo, 15 anos xa! sen a peseta, dende o 1º de xaneiro do 2.002. Non sei si vostedes son dos que pensan na antiga moeda con nostalxia ou simplemente cren que a peseta duraba moito mais que os “euros”. Quizais, xa ninguén pense que 6 euros son as 1.000 pesetas. Que as … Seguir lendo
¡Canto me lembro de ti, miña nai!
Daquela flor que foi nacendo, Co sol, que brillaba en maio, Todo iso parecíame O sorriso da miña Nai. Aquela rosa que espertaba, Aquela auga que corría, Todo iso parecía O sorrido da Nai querida. A dozura dos seus ollos, A mirada, o candor, O sorriso, a tenrura, a súa voz. As verbas foron exemplo … Seguir lendo
Todos estamos aquí
O perruqueiro coas tesoiras, O albanel, coa paleta, O matemático, cos números, O publicista, cos seus proxectos, A hortelán co seu sacho, O camareiro, coa bandexa, O arquitecto, co seus planos, O repartidor coa furgoneta, O Taxista co seu taxi, O tendeiro coa súa tenda, O taberneiro co seu viño, O mestre coa súa escola, … Seguir lendo