Poemas

O xuntoiro proveitoso

El aquelarre o El gran cabrón  Goya y Lucientes, Francisco de

El aquelarre o El gran cabrón
Goya y Lucientes, Francisco de

O fillo da tía María,
De Fornelos da Ribeira,
(Non quero citalo nome):

Non había outro home,
Para apañar herba nas veigas,
Sachar e andar co gando.
No seu eido, as galiñas,
Ovellas, porcos e cabras,
Conexos e porcos celtas,
Parella de bois e vacas;
Merlos, gorrións e pardais,
Xílgaros e paspallás,
Pombal con cen pombas,
Afeccionado as calandras,
É un exemplo na aldea,
Por todos moi nomeado,
I en tres légoas a redonda
É o home mais honrado.
A sapiencia do rapaz
A todos ten envexados.
Nos pleitos da sempre leccións;
A os vellos aconsella;
E sen que el abrira a boca
Non se move unha palla.
De cirurxián fai
Si un animal enferma.
Pro garrotillo e os nados,
E o mesmo unha monada.
Atrancos para os porcos pon,
Para que as terras non fozan.
Fai de home bo
Para que as vellas se casen.
Da planta que o rapaz ten
Nomeala non fai falta,
O xeito dun anxo
Parece a súa casa.
Olliños moi pequerrechos,
A testa pouco avultada,
A nariz ten torcida,
Efecto dunha pedrada.
Aberto un pouco de pernas,
As costas ben empenadas,
E por medio dos poceiros
As canelas remangadas.
Dereitiño mais cun fuso
Cando na eira se planta,
E o son da pandeireta
Solta unha punteada.
Regalía e para as mozas;
Non hai quen non faltara:
¡Que monada de rapaz,
Si con migo se casara!
Por afección o noso home,
Por unha nena gardaba,
Preto da veiga da Loña,
Carme di que se chamaba.
A raposa do fogueteiro
E a da cunca, bodegueira,
Pais da garrida rapaza
¡Encanto da miña alma!
Dabondo traballadora,
A igrexa ía os domingos
O mesmo que a xente toda.
Bolboreta dos pais era,
Espello na que se ve,
Casaremos a rapaza
Con moi ben Deus quer.

Deixarémoslle:
Tres medias partes do canastro,
Unha vaca mal parida;
Tres pares de porco celta
E a carballeira florida.
Na Loña, tres medias cuncas,
Na Fraga, dous amieiros,
Nas Fraguiñas un globo inflado
E codesos na veiguiña.
Dous carballos en Forneliños,
Un piñeiro manso na Cruz,
E na Mámoa unha estivada;
Dous angazos e un legón,
Unha tixola de ferro,
Un pote vello furado;
Tres cuncas e unha culler
E un refaixo curado.
De paus de ameneiro, zocos,
Na Pedrapiñeira cortizas,
E auga para regar
Do pozo das súas amigas.
Un chimpín de millo branco,
Na artesa, medio de sal,
Tres pelicas de touciño,
A pixa do porco e o rabo.
Un alpendre o pe da porta,
Para arrancala facenda,
A gramalleira pequena
E unha casa de renda.
Sabendo o noso rapaz
De tan proveitosa herdanza,
Non e cego nin é xordo
Para deixala conveniencia…
O crego, o don Francisco,
Foi correndo a xunta del,
Poñendo en coñecemento
De que debera casar.
Despois dun ano,
E co gusto de pais e avós,
Bendí o crego Francisco
A parella dos bubóns.
De exemplo serven os solteiros
O xuntoiro proveitoso:
¡Mais vale unha cunca de viño,
Que beber auga do pozo!
(Arranxos do poemario de Cesáreo Figueroa Gamallo).

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.