Poemas

Parodiando en fornelos

Paisaje      Hermen Anglada Camarasa

Paisaje
Hermen Anglada Camarasa

Sen mais, amañecía en Fornelos,
En Fornelos da Ribeira,
Coa sombra da luz primeira,
Un amañecer silencioso
Coas miñas mans valeiras.
Soñei sempre con Fornelos,
Cousa belida e fermosa,
Baixo a mirada do ar
É a lúa resplandecente.
Aquilo, que todo foi,
É que non queda mais espera,
O tempo deixou marcado
A vida, feito problema.
Morriña do sol de Fornelos,
A morriña, como sempre,
Coas lembranzas de neno,
Coas lembranzas da xente.
Así vai sendo a miña vida,
Neste pequeno desterro,
Esperando que algún día
Me leven pro cemiterio.

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.