
Fausto y Margarita en la prisión
Hernández Amores, Víctor
Os meus anos
Vou desandando os rueiros
Rebuscando na memoria
Os camiños de Fornelos
Para lembrar os meus vellos.
Lémbrome da baixada
Da igrexa de Fornelos
O son da gaita galega,
Coa Virxe das Dores,
Coa súa mensaxe de “enterro”.
Baixo un sol radiante,
Vai a Virxe dolorosa
Con todo o seu desespero.
Xa pasaron por aquí,
Aqueles que se foron mar adiante,
Buscando o pan, é
Deixando atrás a fame,
Sen escoitar desesperos.
“Atrás deixaron a historia
Dunha terra maltratada”.
Hoxe volvo ata ti
Segredo da miña entraña,
Que a memoria Deus me a garde
Como un humilde poema
Da poesía enlamada,
Da miña terra querida
Que acaba coa paisaxe
E a terra como “mollada”.