Poemas

Lembrando a feira de Ponteareas

Paisaje con puente Anónimo

Paisaje con puente
Anónimo


Regresando da Feira de Ponteareas,
Pasando polo San Benito de Angoares,
Chegamos a San Martiño de Moreira,
Preto está Fornelos da Ribeira,
Pasando polo atallo xunto a verea
Por onde os veciños veñen da Feira;
Pousando os feixes tódalas vellas,
Que no rueiro de A Cruz,rouban a leña.
E onde a Santa Compaña
Di as apreixa
Nas noites claras da Lúa Chea.
E o rueiro mais feiticeiro,
Mais ameigado da nosa terra,
Cando os rapaces saen da raxeira,
Cansos do xogo das carreiras;
Os namorados metidos en lerias
Polos currunchos para alí esmorecer
Baixo a sombra dalgún piñeiro,
Estomballado durmir a pena,
O sono alto, dos carranchapernas.
Outra frescura das auras ledas,
Coas follas bicas,cando abanean,
Sáense do escampado ou entras nelas
Como un túnel que se fixera
De follas, flores brancas e vermellas
De canto de castas, de cantas herbas
Hai polo mundo, e alí naceran.
Unhas coas outras, tecen a tea
De cores varios, de tal maneira
Que forman un manto por onde creban
Do Sol os raios, cando mais queima.

¡Que delicia, Deus me as dera!
Hortas frondosas, hai polas veiras
E dende os valos cubertas de hedras,
Souben o alto, ata que se mesturan
Facendo bóveda ¡Tan churrusqueiras!
¡Tan cobizosas! Que para velas
Os churrusqueiros pingan esencias
Rosas bravas xunto as silveiras,
Onde as moras fan que apetezan;
Logo os veciños de flores néboas
Onde se pousan as bolboretas
Que van e veñen como moxenas:
Funchos, loureiros, buxos, cerdeiras
Ben mesturados, todos enredan.

Cando abre o día e a Lúa se enxerga
Sobor das cumes en lumieiras
Tecido douro, soutos e veigas,
Mentres refutan as pingas pelas
Que do rocío brillan as herbas
Nas corredoiras,fan unha festa,
Onde os paxaros repiquean
¡Cantos paxaros hai nestas leiras!
¡Que rechouchíos! ¡Que cantareiras!
De pola en pola rebolando ceiban.
¡Como se bican e como se peitean
Piscos, pardal, merlos e lavercas!

E pola tardiña, na horta incerta
Do fusco e lusco, cando se queixan
Rompendo en pulos, nas agres breas
Que fervedoiro como folerpas
Cando no campo todo entristece
E enchese logo o adro da Igrexa.

As aves calan, e as noites medran
Nas corredoiras a longa sesta,
Falta de arumes, de frescor chea,
Treme a alma,séntense as penas
Dunhas congoxas que alí morreran.
E aquí acabouse a leria da da Feira.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.