
Retrato
Luis Fernández
E fun nado en Fornelos da Ribeira,
Do cal estou orgulloso.
Me ensinaron a ver a vida
De diferente cor.
Terra na que nacín e crecín,
Vindo florecer a primavera.
Gocei en cada verán
Das noites, e o atardecer,
Sentín frío no meu ser,
Na eira, e percibín das árbores
A flor caer.
Agradecido estou
O meu querido Fornelos,
Por haberme permitido
Formar parte desa aldea,
Nas loitas e nas derrotas
Xuntos coa valentía,
Ligados a mesquiñas realidades
Dos pobres loitando pola igualdade
Desexosos de saír a diante
E os sonos alcanzar.
Grazas Fornelos querido
Polas túa alegrías e sen sabores,
E non quitarme as ilusións
De tantos, e tantos amores. Amén.