
Schreber también escribe
Carlos Alcolea
Bendito sexa o traballo,
Aínda que sexa a destallo;
Maldito sexa o ladrón
Que sabe roubarlle os cartos.
Bendito sexa o xornaleiro
Do que duro traballa,
Para levar o pan a casa;
Maldito o pan que comen
Os que limpamente asaltan.
Bendita sexa a man sucia
Do traballo limpo; e
Malditas as mans limpas
Do traballo sucio.
Malditos inimigos
Do honesto traballador,
Que contaxia o seu fedor;
Ladróns e bestas desaforadas,
Que pretenden des humanizar
As xentes cristianizadas.
Bendito sexa, amigos,
O pan e o traballo,
Para eles felicitacións
E condena o que rouba,
Meus respectos os que constrúen
E meu repudio total
os que a destrúen. Amén.